martes, 24 de octubre de 2023

As nosas cousas máis prezadas.

    Os primeiros días levamos a cabo unha dinámica de aprendizaxe cooperativa chamada "A maleta". Está dinámica vai encamiñada a fomentar a cohesión do grupo para que todos nos coñezamos un pouco mellor. 

    A primeira en facelo foi a profe que trouxo a súa maleta con tres cousas importantes para ela, con significado emocional, describindo os seus gustos, afeccións...contando todo o que significaba cada un deles, primeiro animou a que o alumnado fixera preguntas para intentar adiviñar porque trouxo eses obxectos. Despois invitou aos nenos/as a traer nos próximos días o que lle apetecera compartir co resto da clase. 

    A proposta gustoulles moito, tanto traer os seus obxectos e explicalos como ver aos compañeiros/as escoitar as súas explicacións. 

    Isaac tivo a idea de chamarlle a esta actividade: “As nosas cousas máis prezadas”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

VISITAS