sábado, 28 de enero de 2023

DÍA DA PAZ

Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos no cole o DÍA DA PAZ. Un día moi importante no que pedimos a PAZ NO MUNDO. 

Para conmemoralo cada curso preparou unha actividade: EI ensinounos como se di a palabra PAZ en diferentes idiomas,  primeiro ciclo recitou unhas verbas sobre a PAZ, segundo ciclo preparou un conto en vídeo e, os maiores do cole, 5º e 6º, fixeron que coñezamos máis as características doutros países.

Todos e todas o fixeron moi ben! 

Ademais todo o alumnado cantou unha canción acompañada dun ritmo musical usando vasos e, para culminar o día, lucimos os paraugas que estivemos decorando estes días.

Deixamos aquí un pequeno resumo da xornada 👇💝














Achégase o DÍA DA PAZ. No cole e na aula estamos preparando todo para a conmemoración. Déixovos un adianto!


CONTACONTOS

Esta semana tivemos un contacontos no cole. Pasámolo xenial!





MOCHILA VIAXEIRA

E de casa en casa seguen viaxando as nosas mochilas. Desta vez pasarán uns días nos fogares de REBECA e VALENTINA.




EXPERIMENTOS

YOEL e ALE animáronse a facer un experimento e gravar un vídeo para compartir con tod@s nós!

Aquí os mostramos👇



MOI BEN, RAPACES!


TRABALLAMOS

Día a día seguimos afianzando contidos e adquirindo coñecementos novos. Pero non todo é libro de texto!

Tratamos de interiorizar conceptos de diferentes formas para así adaptarnos aos diferentes estilos de aprendizaxe do alumnado. 

Utilizamos diferentes recursos como os xogos cos cales repasamos as táboas de multiplicar, as provincias de España ou a comprensión lectora, entre outros.






lunes, 16 de enero de 2023

RECÍCLATE CON SOGAMA

O noso centro está inmerso nun Proxecta que leva por nome RECÍCLATE CON SOGAMA. Mediante este proxecto seguiremos coñecendo máis contidos en relación á importancia da reciclaxe.

No centro xa temos un espazo adicado ao programa.


Ademais, hoxe tivemos unha charla moi interesante para aclarar como debemos clasificar os residuos para que poidan ser reciclalos. 





OBRADOIRO DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE

O xoves pasado tivemos un obradoiro de alimentación saudable. A nutricionista explicounos a importancia de levar a cabo unha dieta variada e equilibrada. Coñecemos a importancia de certos alimentos na nosa alimentación, fixemos brochetas de froita e para rematar, comemos a froita acompañada de iogur natural con sementes de chía. 

Aprendemos moitas cousas e estaba todo moi bo! 😋








MOCHILA VIAXEIRA

As mochilas volven retomar a súa ruta. Desta quenda viaxaron ás casas de MAIKEL e NOELA.


TRABALLAMOS

Damos a benvida á segunda avaliación no blog!

Esta semana voltamos á rutina. 

Comezamos repasando contidos e afianzando conceptos por medio do xogo.







VISITAS