sábado, 26 de noviembre de 2022

25N - DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O venres 25 de novembro é o DÍA INTERNACIONAL EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO.

Ao longo desta semana traballamos a prol da igualdade e o alumnado de 3º e 4º fixo un mural conmemorativo.




DECIMOS NON Á VIOLENCIA!

CUMPREANOS

O pasado xoves celebramos os cumpreanos do mes de novembro. MAIKEL e ALICIA, moitos parabéns!


martes, 22 de noviembre de 2022

NADAL

Hoxe na hora de plástica comezamos a traballar o Nadal. Aproveitamos para facer debuxos para decorar a clase. Están quedando moi chulos!

20N- DEREITOS DA INFANCIA

O pasado domingo, 20 de novembro, conmemorouse o DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA.

O luns recordamos que dereitos teñen os nenos e nenas e fixemos un flipbook resumo.



CIENCIAS SOCIAIS - O RELEVO

Na última unidade o grupo de 4º coñeceu o relevo de España. Para afianzar contidos propúxose facer unha maqueta do aprendido.

Moi bo traballo rapaces!


YOEL

NOELA

VALENTINA

TRABALLAMOS

Seguimos traballando. Para completar e repasar contidos usamos recursos visuais. Afianzan conceptos de xeito máis lúdico.





domingo, 20 de noviembre de 2022

MOCHILA VIAXEIRA

Seguimos coas mochilas viaxeiras. Desta vez foi a quenda de ALEXANDRE e SOFÍA

Que desfrutedes da lectura en familia!



miércoles, 16 de noviembre de 2022

SEGURIÑO

Hoxe desfrutamos da segunda parte da I XORNADA DE RCP no cole enfocada dentro do Plan Proxecta MOBILIDADE SOSTIBLE E SEGURA.

Podedes ver o vídeo resumo na entrada destacada da dereita "SEGURIÑO"👉

sábado, 12 de noviembre de 2022

MAGOSTO 2022

O día 11 de novembro, día de San Martiño, celebramos o magosto no cole. Pasámolo xenial!!

Fixemos xogos populares, bailamos e comemos. 

Deixamos aquí un resumo da xornada.

👉VÍDEO RESUMO 👈









SEGURIÑO

MOBILIDADE SOSTIBLE E SEGURA
No marco do Plan Proxecta 22-23 no noso centro levarase a cabo o programa de MOBILIDADE SOSTIBLE E SEGURA mediante o nome "SEGURIÑO".

O que se pretende co desenvolvemento deste programa é a creación de hábitos de desprazamentos cara modelos máis seguros, activos e sostibles.

Fin de proxecto: 31/05/2023

Poñemos punto e final ao noso proxecta, MOBILIDADE SOSTIBLE E SEGURA, cun vídeo no que o noso alumnado dá exemplo cumprindo coas normas de educación viaria.

Agardamos que vos guste!

Moitas grazas pola participación, familias!


15/05/2023

O xoves pasado visitároonos un grupo de enfermeiras/o da comarca para levar a cabo o obradoiro PUPAS, SUSTOS E OUTROS DESGUSTOS.

Aprendemos un montón de cousas sobre que facer cando nos atopamos cunha persoa ferida ou nos ferimos nós mesmos.

Ademais de todo o aprendido, pasámolo xenial!!






28/02/2023

Hoxe desfrutamos dunha xornada moi chula no cole. Visitáronnos 2 gardas civís de tráfico coas súas motos e tamén percorremos un circuito no patio coas nosas bicis e patinetes.

Pasámolo xenial e aprendimos un montón de cousas!














28/01/23 

Seguimos decorando espazos do cole que nos serven de base para seguir traballando a prol da Educación Viaria.

2º TRIMESTRE

Neste trimestre seguiremos co programa SEGURIÑO. Esta semana comezouse a decorar espazos en relación ao proxecto e repartimos material co cal traballaremos en todos os cursos a educación vial.






16/11/2022: RCP

Hoxe desfrutamos da segunda parte da I XORNADA DE RCP no cole. 

Despois de coñecer a semana pasada como é unha ambulancia por dentro e os casos nos que debemos avisala, hoxe recordamos o teléfono de emerxencias e coñecimos as técnicas de primeiros auxilios básicas que debemos realizar ante unha situación de emerxencia.

Foi unha experiencia moi enriquecedora!

Novamente, moitas grazas ANA e ELENA.



10/11/2022: Ambulancia
Unha das actividades realizadas no marco deste programa foi a VISITA DUNHA AMBULANCIA MEDICALIZADA. 
Nesta xornada o alumnado coñeceu como funciona unha ambulancia, a importancia de solicitala só cando realmente é urxente e os números aos que temos que chamar cando nos atopamos nunha situación de emerxencia.

Grazas por todo a ANA, ELENA e DIEGO.
👉VÍDEO











VISITAS