martes, 24 de octubre de 2023

As nosas cousas máis prezadas.

    Os primeiros días levamos a cabo unha dinámica de aprendizaxe cooperativa chamada "A maleta". Está dinámica vai encamiñada a fomentar a cohesión do grupo para que todos nos coñezamos un pouco mellor. 

    A primeira en facelo foi a profe que trouxo a súa maleta con tres cousas importantes para ela, con significado emocional, describindo os seus gustos, afeccións...contando todo o que significaba cada un deles, primeiro animou a que o alumnado fixera preguntas para intentar adiviñar porque trouxo eses obxectos. Despois invitou aos nenos/as a traer nos próximos días o que lle apetecera compartir co resto da clase. 

    A proposta gustoulles moito, tanto traer os seus obxectos e explicalos como ver aos compañeiros/as escoitar as súas explicacións. 

    Isaac tivo a idea de chamarlle a esta actividade: “As nosas cousas máis prezadas”.

jueves, 19 de octubre de 2023

Curso 2023-2024!

Ola a todas e todos, a clase de 3º e 4º de primaria, quere compartir convosco a nosa primeira foto todos xuntos, o día que nos coñecemos, o 19 de outubro, foi un día moi especial, nesta clase somos un equipo tal e como o manifestan as nosas pulseiras.

lunes, 5 de junio de 2023

MOCHILA VIAXEIRA

Derradeira viaxe das mochilas. 

As nosas mochilas pasarán os últimos días nas casas de YOEL e HUGO!

Desfrutade delas e ata o curso que ven!



miércoles, 31 de mayo de 2023

SEGURIÑO

Poñemos punto e final ao noso proxecta, MOBILIDADE SOSTIBLE E SEGURA, cun vídeo no que o noso alumnado dá exemplo cumprindo coas normas de educación viaria.

Agardamos que vos guste!

Moitas grazas pola participación, familias!


viernes, 26 de mayo de 2023

CUMPREANOS

Este mes foi a quenda de...ALEJANDRO

Moitas felicidades e que cumpras moooitos máis!


MOCHILA VIAXEIRA

As nosas mochilas están facendo as últimas viaxes do curso.

Estas semanas visitaron as casas de VALENTINA, SOFÍA E LUCÍA.



domingo, 14 de mayo de 2023

PUPAS, SUSTOS E OUTROS DESGUSTOS

O xoves pasado visitároonos un grupo de enfermeiras/o da comarca para levar a cabo o obradoiro PUPAS, SUSTOS E OUTROS DESGUSTOS.

Aprendemos un montón de cousas sobre que facer cando nos atopamos cunha persoa ferida ou nos ferimos nós mesmos.

Ademais de todo o aprendido, pasámolo xenial!!








DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano adícase o Día das Letras Galegas a FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO. Tendo en conta que estamos de ponte, no cole conmemoramos este día o venres día 12.

Para celebrar esta data e coñecer un pouquiño mellor ao autor homenaxeado todo alumnado do colexio participou  na realización dun mural. Ademáis cada aula preparou un traballo sobre o autor para presentar diante dos seus compañeir@s.

Aquí deixamos un resumo da xornada.








VISITAS