sábado, 29 de octubre de 2022

RESUMO CELEBRACIÓN SAMAÍN

O venres 28 de outubro celebramos o Samaín no cole e aquí deixamos un resumo.

                         



Preparamos RECEITAS TERRORÍFICAS que logo compartimos con todo o cole.



                                                  

Vimos o vídeo de CONXUROS TERRORÍFICOS que gravamos os días anteriores.

Entregamos os premios do CONCURSO DE SAMAÍN. Na nosa clase a gañadora foi NOELA.


E o máis importante, PASÁMOLO XENIAL!!


CURTAMETRAXES OUFF

O pasado xoves fomos convidados ao acto de entrega de premios do Festival de cine escolar OUFF en Ourense.

Nesta ocasión non gañamos ningún premio pero foi unha experiencia moi enriquecedora.

Outra vez será!!




miércoles, 26 de octubre de 2022

SAMAÍN

Algo se está cocendo... 😱

Compartimos con vós as decoracións e os traballos feitos polo alumnado. 

Menudos artistas temos no cole!

martes, 25 de octubre de 2022

SAMAÍN

Seguimos a tope coa celebración do Samaín. Esta semana, coñecemos a orixe desta data, aprendemos vocabulario e decoramos a nosa aula!



TRABALLAMOS

A aprendizaxe pode ser máis divertida a través do xogo. En mates usamos xogos para repasar os contidos traballados ata agora. Pasámolo xenial!

MOCHILA VIAXEIRA

Esta semana as mochilas viaxan ás casas de LUNA e ALEJANDRO.

Que desfrutedes das lecturas! 😊


TRABALLAMOS

Desta vez, para afianzar contidos de Ciencias da natureza traballamos de xeito manipulativo. Despois de facer traballo individual, o alumnado de 4º fixo a exposición do tema ao resto de compañeiros e compañeiras.

Para ser das primeiras veces, estivo ben!





jueves, 20 de octubre de 2022

HORA DE LER

Estes días na "Hora de Ler" facemos lectura compartida do libro "NUBE BRANCA NO CAMIÑO" do autor local PABLO NOGUEIRA.

Tal e como esperabamos, estamos desfrutando co conto. 😉 



CUMPREANOS OUTUBRO

Hoxe celebramos os cumpreanos do mes de outubro. Desta quenda tocoulles a REBECA, VIOLETA e LEO.

Parabéns!!




NOVA FOTO DE GRUPO

FOTO DE GRUPO 😉 




viernes, 14 de octubre de 2022

ELABORACIÓN DE IOGUR CASEIRO

Esta semana os nosos compañeiros, HUGO e ALEX, puxéronse aos fogóns e fixeron iogur. 

Unha nova experiencia que compartiron con nós con esta foto.


De seguro estaba boísimo!!!

CAROLINA  animouse coma os seus compañeiros a facer iogur caseiro. Aquí deixamos as fotos!








martes, 11 de octubre de 2022

TRABALLAMOS

Seguimos traballando!

Esta vez tocou repasar os contidos de sociais con actividades interactivas. 




domingo, 9 de octubre de 2022

KARLA CONTA A SÚA EXPERIENCIA

O xoves, a mestra Karla, contoulles ao alumnado a súa experiencia acollendo a un neno procedente de Ucraína, como consecuencia da guerra que se está a vivir no país.

Os nenos e as nenas estiveron moi atentos e a conversa foi moi interesante. Coa historia de Viktor puidemos entender mellor esa realidade que aínda que parezca lonxana, está moi preto de nós.

Moitas grazas, profe!! 




MOCHILA VIAXEIRA

Este venres as nosas mochilas comezaron a viaxar de novo!

Con esta iniciativa tratamos de fomentar no alumnado, xunto coas súas familias, o gusto pola lectura.

Desta quenda tocoulles a MOISÉS e CAROLINA.






miércoles, 5 de octubre de 2022

TRABALLAMOS

 Xa estamos no mes de outubro! 
Este mes toca conmemorar O Samaín.

Dende a área de Plástica comezamos a facer traballos para celebrar esta data.





VISITAS