sábado, 24 de diciembre de 2022

BO NADAL

Damos por rematado o primeiro trimestre. 

Aproveitamos esta entrada para desexar unhas FELICES FESTAS A TODOS E TODAS E UN FELIZ ANINOVO 2023


BO NADAL


SHREK

Como sabedes, o mércores 21 celebramos o noso festival de Nadal. Nel representamos a obra de teatro SHREK coa participación de todo o alumnado do colexio.

O alumnado fixo fenomenal a representación! Deixamos aquí o resumo do día 😊


👉LIGAZÓN CON TODAS AS FOTOS👈








martes, 20 de diciembre de 2022

VISITA DE PABLO NOGUEIRA

Hoxe tivemos no cole unha visita especial. Visitounos o maestro e escritor local, PABLO NOGUEIRA.

Pasamos un bo rato escoitando un dos seus contos e ensinámoslle os traballos que ao longo do trimestre fixemos en relación ao libro "NUBE BRANCA NO CAMIÑO"

Moitas grazas por vir! Agardamos verte no noso cole noutra ocasión!

                               










lunes, 19 de diciembre de 2022

NADAL

Estes días estamos traballando arreo para a preparación do Nadal. Deixamos aquí un adianto de como nos está quedando o cole.👇

VÍDEO NADAL


Ademais, aproveitamos para recordarvos que este mércores temos unha cita as 14:30 para a presentación da obra de teatro SHREK


CUMPREANOS

Hoxe celebramos o cumpreanos do mes de decembro. Desta quenda cumpre anos SOFÍA

Parabéns!!



domingo, 11 de diciembre de 2022

MOCHILA VIAXEIRA

Esta quincena as nosas mochilas están facendo pousada nos fogares de ANTÓN E VIOLETA.

Que as desfrutedes!!



HORA DE LER

Como contamos en entradas anteriores estamos lendo o libro NUBE BRANCA NO CAMIÑO de PABLO NOGUEIRA.

O alumnado de 3º e 4º fixo diferentes manualidades en relación ao libro. Están facendo moi bos traballos!

Aquí se mostran algúns deles 😍






sábado, 10 de diciembre de 2022

EXCURSIÓN A OURENSE - OBRA DE TEATRO SÓ


Hai uns días estivemos no Auditorio Municipal de Ourense para desfrutar da obra de teatro "SÓ". 


Despois xantamos no Xardín do Posío e pasamos alí un bo rato.









Pasámolo xenial!

VISITAS