miércoles, 31 de mayo de 2023

SEGURIÑO

Poñemos punto e final ao noso proxecta, MOBILIDADE SOSTIBLE E SEGURA, cun vídeo no que o noso alumnado dá exemplo cumprindo coas normas de educación viaria.

Agardamos que vos guste!

Moitas grazas pola participación, familias!


viernes, 26 de mayo de 2023

CUMPREANOS

Este mes foi a quenda de...ALEJANDRO

Moitas felicidades e que cumpras moooitos máis!


MOCHILA VIAXEIRA

As nosas mochilas están facendo as últimas viaxes do curso.

Estas semanas visitaron as casas de VALENTINA, SOFÍA E LUCÍA.



domingo, 14 de mayo de 2023

PUPAS, SUSTOS E OUTROS DESGUSTOS

O xoves pasado visitároonos un grupo de enfermeiras/o da comarca para levar a cabo o obradoiro PUPAS, SUSTOS E OUTROS DESGUSTOS.

Aprendemos un montón de cousas sobre que facer cando nos atopamos cunha persoa ferida ou nos ferimos nós mesmos.

Ademais de todo o aprendido, pasámolo xenial!!








DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano adícase o Día das Letras Galegas a FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO. Tendo en conta que estamos de ponte, no cole conmemoramos este día o venres día 12.

Para celebrar esta data e coñecer un pouquiño mellor ao autor homenaxeado todo alumnado do colexio participou  na realización dun mural. Ademáis cada aula preparou un traballo sobre o autor para presentar diante dos seus compañeir@s.

Aquí deixamos un resumo da xornada.








viernes, 5 de mayo de 2023

OS MAIOS

Hoxe celebramos OS MAIOS. Festa tradicional galega con moita importancia nalgunhas localidades da provincia de Ourense.

Todo o alumnado participou na elaboración do maio ao longo da semana e cada curso fixo unha copla. Hoxe todos xuntos celebramos arredor do maio.






VISITAS