viernes, 31 de marzo de 2023

VACACIÓNS

Poñemos punto e final a este trimestre cargado de aprendizaxes. Esperamos que aproveitedes estes días para descansar, desfrutar e voltar coas pilas cargadas para a última etapa de curso!

CUMPREANOS

Este mes tocou celebrar o cumpreanos de Antón. Trouxo biscoitos e zumes para compartir cos seus compañeiros e compañeiras. Estaban boísimos!

Grazas Antón e MOITAS FELICIDADES! Que todos os teus desexos se cumpran!




jueves, 30 de marzo de 2023

VISITA DE PABLO NOGUEIRA

Na última visita de Pablo Nogueira quedou pendente que nos adicase os libros. Este martes veu de novo ao cole para adicalos. 

MOITAS GRAZAS, PABLO!



VISITA AO CONCELLO

Onte fixemos unha visita ao Concello. Alí. Lito, o alcalde do Irixo, explicounos como é o proceso de elección de alcalde e concelleiros/as. 

Posteriormente, fixemos un pleno pola Igualdade no que os nenos e nenas de 5º e 6º representaban 3 partidos políticos con diferentes ideas e, o resto do centro participou votando.

Foi unha actividade moi enriquecedora. 

Aproveitamos para dar as grazas ao Concello de O Irixo polo seu recibimento.




HORTO ESCOLAR

Aproveitando o comezo da primavera e o bo tempo, esta semana estivemos a traballar no horto escolar. 💧
Ademais, Ale e Vio troixeron plantas típicas de Panamá para o cole e, aproveitamos para plantalas e colocalas polo centro.





MOCHILA VIAXEIRA

Na última semana as nosas mochilas viaxaron ás casas de Alejandro e Violeta. 

Durante as vacacións descansarán no cole para voltar á ruta no terceiro trimestre 😉

miércoles, 22 de marzo de 2023

DÍA DA POESÍA, DA AUGA E DA ÁRBORE

O día 21 conmemoramos o Día da Poesía, xunto con outros centros, na Insua dos Poetas.

O alumnado do noso centro representou 3 poemas. Posteriormente, plantaron unha árbore e foron agasallados cun libro, unha mochila e unha camiseta para cada un deles.

Ademais, a CRTVG gravou os poemas e saímos na tv e radio Galega.

Foi un día xenial! Aquí vos deixo a reportaxe.








A maiores, no cole, tamén recitaron poemas para conmemorar este día. Podedes velos no seguinte vídeo: 😍

viernes, 17 de marzo de 2023

SAÍDA A OURENSE: TEATRO E BIBLIOTECA

O pasado mércores, visitamos Ourense para ver a obra de teatro "Nautilus: 20.000 leguas de viaxe submariño" no auditorio da cidade.

Ao remate da mesma, aproveitamos para visitar a Biblioteca Municipal. Alí explicáronnos o funcionamento da mesma e pasamos un rato agradable.







CONSTRUCIÓN DA MAQUETA DUNHA CIDADE

En relación, tanto aos contidos traballados en Sociais de 3º coma o proxecta que estamos a desenvolver no centro de Educación Viaria, o alumnado de 3º e 4º adicou as últimas semanas de Plástica á construción da maqueta dunha cidade. 

Fixeronno moi ben e quedou moi chula!!


sábado, 11 de marzo de 2023

MOCHILA VIAXEIRA

Comezamos a segunda volta das nosas mochilas viaxeiras. 

Esta quincena tócalle viaxar aos fogares de MOISÉS E CARO.

miércoles, 8 de marzo de 2023

8M - DÍA DA MULLLER

Hoxe conmemoramos o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. 

Tras unha semana traballando a importancia das mulleres máis cercanas, fixemos un vídeo no que cada neno e nena presenta "A MULLER DA SÚA VIDA"


       QUE O DESFRUTEDES!

VISITAS