martes, 28 de febrero de 2023

XORNADA DXT

Para seguir adiante co noso Proxecta relacionado coa mobilidade sostible e segura, hoxe desfrutamos dunha xornada moi chula no cole. Visitáronnos 2 gardas civís de tráfico coas súas motos e tamén percorremos un circuito no patio coas nosas bicis e patinetes.

Pasámolo xenial e aprendimos un montón de cousas!















viernes, 24 de febrero de 2023

MOCHILA VIAXEIRA

 

Rematamos a primeira viaxe das mochilas. Nesta ocasión, a mochila de 4º, pasará uns días na casa de YOEL.
Á volta, cargaremos as mochilas de novas aventuras para percorrer os fogares do alumnado de 3º e 4º unha vez máis.


jueves, 23 de febrero de 2023

DÍA DE ROSALÍA - 23 DE FEBREIRO

Hoxe celebramos o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO. Día sinalado no calendario por cumprirse anos do seu nacemento.

Para conmemoralo, cada aula fixo unha aportación. O alumnado de 3º e 4º recitou un poema dunha das súas obras máis importantes e representativas da Literatura Galega: CANTARES GALLEGOS.

Aquí deixamos fotos da celebración e o vídeo do recitado.






 Rosalía de Castro


CUMPREANOS

Hoxe foi día de celebracións. Celebramos os cumpreanos do mes de febreiro.

Desta vez foi a quenda de YOEL, NOELA, ALE E HUGO. Para celebralo, invitaron a tod@s os compañeir@s a unhas lambetadas. Estaba todo boísimo!

Moitas felicidades e que todos os vosos desexos se cumpran!




VISITAS