viernes, 28 de abril de 2023

LECTURA COMPARTIDA

Como sabedes, este ano o centro de interese no cole son as emocións.

Ao longo do curso, traballamos as emocións de diferentes xeitos. 

Esta avaliación centrámonos no seguinte libro:


Partindo das historias que nel se tratan, as cales lemos en grupo, falamos das diferentes emocións, reflexionamos e facemos diferentes actividades. 




Unha das actividades que levamos a cabo é a seguinte:
Mediante o panel mostrado cas fotos de todo o alumnado, trátase de fortalecer as relacións de aula, o compañeirismo e a autoestima,  mediante o reforzo positivo. É moi importante conseguir unha boa autoestima e autoconcepto nas persoas porque iso sempre  permitirá acadar todo o que nos propoñamos. 
Cando confiamos en nós mesmos e todo máis doado!


MOCHILA VIAXEIRA


Desta quenda, Antón e Maikel desfrutarán das lecturas das mochilas.

domingo, 23 de abril de 2023

DÍA DO LIBRO

Hoxe foi o Día do libro💫

No cole celebrámolo o pasado venres coa realización de distintas actividades.

Un experto en "abellas" deu unha charla moi interesante a todo o cole. Este experto foi o noso compañeiro de 2º: Isaac.

Posteriormente, os alumnos e alumnas de 5º e 6º representaron algúns contos clásicos mediante "teatro de sombras". Fixéronno moi ben!

Finalmente, todo o alumnado pudo intercambiar libros na feira organizada e seguidamente participar nun sorteo, tal e como marca a tradición.

Pasámolo xenial! Aquí vos deixamos un pequeno resumo.








MOCHILA VIAXEIRA

Esta semana é a quenda de ALICIA E LEO. Desfrutade da lectura!


domingo, 16 de abril de 2023

VISITAS