viernes, 28 de abril de 2023

LECTURA COMPARTIDA

Como sabedes, este ano o centro de interese no cole son as emocións.

Ao longo do curso, traballamos as emocións de diferentes xeitos. 

Esta avaliación centrámonos no seguinte libro:


Partindo das historias que nel se tratan, as cales lemos en grupo, falamos das diferentes emocións, reflexionamos e facemos diferentes actividades. 




Unha das actividades que levamos a cabo é a seguinte:
Mediante o panel mostrado cas fotos de todo o alumnado, trátase de fortalecer as relacións de aula, o compañeirismo e a autoestima,  mediante o reforzo positivo. É moi importante conseguir unha boa autoestima e autoconcepto nas persoas porque iso sempre  permitirá acadar todo o que nos propoñamos. 
Cando confiamos en nós mesmos e todo máis doado!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

VISITAS