sábado, 28 de enero de 2023

DÍA DA PAZ

Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos no cole o DÍA DA PAZ. Un día moi importante no que pedimos a PAZ NO MUNDO. 

Para conmemoralo cada curso preparou unha actividade: EI ensinounos como se di a palabra PAZ en diferentes idiomas,  primeiro ciclo recitou unhas verbas sobre a PAZ, segundo ciclo preparou un conto en vídeo e, os maiores do cole, 5º e 6º, fixeron que coñezamos máis as características doutros países.

Todos e todas o fixeron moi ben! 

Ademais todo o alumnado cantou unha canción acompañada dun ritmo musical usando vasos e, para culminar o día, lucimos os paraugas que estivemos decorando estes días.

Deixamos aquí un pequeno resumo da xornada 👇💝














Achégase o DÍA DA PAZ. No cole e na aula estamos preparando todo para a conmemoración. Déixovos un adianto!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

VISITAS