miércoles, 4 de junio de 2025

CHARLA SOBRE PLANTAS MEDICINAIS

Esta semana, unha mamá do cole, deunos unha charla para coñecer as plantas medicinais do noso entorno.    

Aprendemos moitas cousas interesantes.

Grazas, Ana!!!




sábado, 12 de abril de 2025

DÍA DO LIBRO

Co gallo da conmemoración do Día do Libro, a nosa aula preparou 3 historias con KAMISHIBAI. Aquí vos deixamos un pequeno resumo.




TEMPO DE PLANTAR

Nas últimas semanas adicámonos a sementar e plantar. Deste xeito profundizamos máis no coñecemento das plantas e traballamos con vocabulario relacionado con elas.

Tamén fixemos un herbario no que clasificamos as plantas segundo as súas características.







sábado, 22 de febrero de 2025

Máis entrevistas que van chegando...

Aquí vos deixo a entrevista que Daniela e Luca lle fixeron ao seu avó para recoller información para o noso FITOFALADOIRO.

Un vídeo moi interesante!!

Animamos a todo o alumnado do colexio a participar 😉


OBRADOIRO DE XABÓNS ARTESANAIS

Ao longo destas semanas, estamos a realizar, unha das actividades programadas no noso proxecta FITOFALADOIRO: OBRADOIRO DE XABÓNS ARTESANAIS.

É unha actividade que nos está gustando moito e coa que estamos aprendendo moitos usos das plantas da nosa contorna.

Déixovos un vídeo que resume un pouquiño esta actividade.




domingo, 9 de febrero de 2025

MOCHILA VIAXEIRA

Rematamos a primeira viaxe das mochilas! Nos próximos días volveremos comezar con novas aventuras. 👧👦


CUMPREANOS XANEIRO

O mes pasado estivo de cumpreanos o noso compi LEO. Trouxo larpeiradas e agasallos para os seus compañeiros e compañeiras.

Parabéns, Leo!


domingo, 19 de enero de 2025

FITOFALADOIRO


 Ola, familias!

Como xa sabedes, este ano participamos nun proxecta chamado FITOFALADOIRO cuxo obxectivo é promover o uso da lingua galega e o interese polo noso patrimonio cultural.

Por iso, unha vez máis, pedimos a vosa colaboración para unha das actividades centrais do proxecto.

Esta actividade consistirá en recopilar NOMES POPULARES DE PLANTAS DA CONTORNA, así como tamén, USOS E CRENZAS, LENDAS, CANTIGAS…e todo o que se vos ocorra relacionado con este ámbito.

Farémolo mediante ENTREVISTAS (VÍDEO OU AUDIO) aos nosos maiores, eles serán os nosos mestres. Recolleremos información que se foi transmitindo de xeración en xeración.

Tamén se poderá recoller información por ESCRITO que acompañará ao vídeo ou audio, así como FOTOS da planta referida (temos en conta que nesta época pode ser difícil polo que será posible entregar a foto na primavera)

TODA AQUELA INFORMACIÓN QUE ACHEGUEDES DEBE VIR CO NOME E APELIDOS DA PERSOA QUE SE ENTREVISTOU, ASÍ COMO, O LUGAR ONDE SE RECOLLEU A INFORMACIÓN.

NON SE DEBE CORREXIR O NOME DA PLANTA QUE USA O INFORMANTE. Exemplo: Se o informante di “bedoeiro” no canto de “bidueiro” ou “sesta” en vez de “xesta”, ANOTAREMOS E RECOLLEREMOS A FORMA ORIXINAL. A actividade consiste en coñecer o léxico popular e tradicional.

NON SE DEBEN RECOLLER NOMES OU USOS PROCEDENTES DOUTRAS FONTES (LIBROS, TELEVISIÓN OU INTERNET)

Toda a información que recollades, enviarase ao correo fitofaladoiroirixo@gmail.com

Podes ver exemplos neste blog!

Calquera dúbida que poida xurdir podedes falar directamente coa coordinadora do proxecto (Tania).

Moitas grazas!!

      Exemplos

Luisa Rodríguez Calvo (82 anos) - Lebozán / Lalín (Pontevedra)

                                                          Alcolito, Ruda, Romeu, Xarxa

José Otero Rodríguez  - Lebozán / Lalín (Pontevedra)

Amorodo

Rascacús
Ciroleiro

Purificación Iglesias (82 anos) - San Cosme / O Irixo (Ourense)
Macera

María del Carmen González - Lebozán / Lalín (Pontevedra)
Acivo

Exemplo dunha entrevista no IES San Rosendo:

jueves, 9 de enero de 2025

HORA DE LER

Arrancamos a segunda avaliación!

Nesta entrada toca presentar a TROTI. Esta mascota comeza un novo proxecto con nós que levaremos a cabo na Hora de Ler.

TROTI viaxará aos fogares do alumnado de 4º e 5º para coñecer mundo. 

Cada anfitrión contará nun caderno e, tamén de xeito oral na aula, as aventuras que viviron xuntos.



VISITAS